viernes, 2 de mayo de 2014

Hola de novo.
Sabedes?, ó final optamos por non incluir ningún personaxe. Xa case estaba, pero cando vimos o resultado quedaba plano e sen movemento quedaba algo cutre. Tentamos darlle movemento cun programa que se chama "virtual crazy", que fai que os personaxes movan a boca como si estivesen falando. Pero a verdade e que da moito "chollo".

Así que resumindo, o noso material será plano, con sons e cos pictogramas para a adaptación de nenos con autismo. Non vai ser o bonito que quixeramos, pero esperamos que polo menos sexa un material útil.

Saúdos...

jueves, 24 de abril de 2014

Hola de novo. Estivemos buscando un debuxo para utilizar como personaxe que guiara ós alumnos polo power point. A nosa búsqueda foi un pouco frustrante xa que hai moi poucas imaxes que teñan a licenza creative commons. Entón ocorreusenos facelo nos mesmos, crealo dende cero. Pero lamentablemente as nosas dotes artísticas non son as que imaxinabamos. Xuzgade vos as criaturas que sairon. Xa me da a risa...

Un saudo, vamos ter que buscar mais pola rede, ou pagarlle a alguén para que nos faga ó noso personaxe principal.

miércoles, 23 de abril de 2014

Xa temos unha pequena idea de como vamos a elaborar o traballo adaptado para persoas con autismo. Utilizaremos o programa "power point", para guiar o alumno por diferentes pantallas onde aprenderá as cores. Inventaremos un personaxe, que irá facendo diferentes preguntas ó alumno das diferentes cores que nos atopamos no entorno...

Pronto subiremos ó noso personaxe para que o coñezades...


miércoles, 9 de abril de 2014

Creación do Blog do Traballo das TIC

Hoxe nace o blog do traballo de TIC.
O noso traballo consistirá en facer un material adaptado para persoas con autismo