jueves, 24 de abril de 2014

Hola de novo. Estivemos buscando un debuxo para utilizar como personaxe que guiara ós alumnos polo power point. A nosa búsqueda foi un pouco frustrante xa que hai moi poucas imaxes que teñan a licenza creative commons. Entón ocorreusenos facelo nos mesmos, crealo dende cero. Pero lamentablemente as nosas dotes artísticas non son as que imaxinabamos. Xuzgade vos as criaturas que sairon. Xa me da a risa...

Un saudo, vamos ter que buscar mais pola rede, ou pagarlle a alguén para que nos faga ó noso personaxe principal.

miércoles, 23 de abril de 2014

Xa temos unha pequena idea de como vamos a elaborar o traballo adaptado para persoas con autismo. Utilizaremos o programa "power point", para guiar o alumno por diferentes pantallas onde aprenderá as cores. Inventaremos un personaxe, que irá facendo diferentes preguntas ó alumno das diferentes cores que nos atopamos no entorno...

Pronto subiremos ó noso personaxe para que o coñezades...


miércoles, 9 de abril de 2014

Creación do Blog do Traballo das TIC

Hoxe nace o blog do traballo de TIC.
O noso traballo consistirá en facer un material adaptado para persoas con autismo